Social

Día internacional das mulleres

Posted by
| Comentarios desactivados


A Concellaría de Servizos Sociais da Coruña, co Centro de Información ás Mulleres á cabeza, contou co equipo Crearte para poñer en marcha a campaña do 8 de marzo. Colaboramos con PezBanana Comunicación no deseño e execución da campaña #DOUOPASO, unha proposta para redes sociais baixo o lema “Pequenos pasos para os homes, grandes pasos para a sociedade”, a través dos perfiles de Facebook e Twitter do CIM (www.facebook.com/cimcoruna e @CIMCoruna). A campaña, que se prolonga durante todo o mes de marzo, convida aos cidadáns e cidadás a compartir fotos con mensaxes de condutas cotiás a favor da igualdade entre homes e mulleres.

Ademais, para o 24 de marzo organizamos no Centro Cívico dos Mallos o evento “Mulleres e ámbito laboral: retos pendentes”, unha mesa redonda onde comparten espazo grandes especialistas nesta área a nivel estatal, como Carmen Castro, Berta Lema, Ana María García, ou Carla Reyes.

Noticias relacionadas

  • FMA 2015
  • Día internacional das mulleres