
Fundación Barrié
A Coruña, 2014 – 2015
Servizo educativo.
A Fundación Barrié confiounos o deseño e execución das actividades educativas desta exposición que permite coñecer as grandes aportacións culturais de Said Armesto. Até o 15 de marzo de 2015 os escolares de distintos niveis educativos poderán aprender e divertírense coas actividades “Cantos e contos na Fundación Barrié”, “Recollendo a nosa cultura” e “Tweets a Said Armesto. Conectando pasado e presente”. Para o público familiar preparamos unha visita obradoiro na que traballamos arredor da importancia da tradición oral xogando con cancións e historias que pasan de xeración en xeración. Visitas comentadas para público adulto sen reserva previa.
Reservas e máis información en Educabarrie.