Festival Marea Alta, A Coruña 2014

O Festival Mar de Mares é un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración do mar que en setembro de 2014 celebrou a súa primeira edición na cidade da Coruña. É un encontro internacional arredor do mundo mariño que busca concienciar a institucións, empresas e cidadáns da necesidade da preservación do ecosistema mariño para garantir a súa sustentabilidade. Crearte co-organiza o Festival Mar de Mares que conta cun completo programa no que se inclúen exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros con artistas, científicos e representantes do sector industrial, debates, charlas e un mercado do mar, ademais de actividades gastronómicas relacionadas co entorno mariño. Máis información en http://festivalmardemares.org/  

DETAILS