Social

Quen somos?

cabezas

Crearte é unha empresa de xestión cultural formada no 2002 por un equipo entusiasta que cre na cultura e a educación artística como ferramentas inmellorables para cambiar o mundo, xerando un impacto positivo nas persoas que o habitamos.

Creamos e facilitamos actividades de mediación para todos os públicos a partir de exposicións e elementos do patrimonio; dinamizamos bibliotecas e centros de ensino mediante actividades centradas nas artes plásticas e visuais, a música, a historia e a literatura; formamos educadores de museos e profesorado; xestionamos exposicións, festivais e outros eventos culturais de maneira integral e desenvolvemos itinerarios de turismo cultural.

Creamos e implantamos os proxectos e coordinamos ou apoiamos a súa comunicación.Somos especialistas en conectar ás persoas coa arte e a cultura a través do coñecemento, a emoción, o diálogo e a experimentación. Ofrecemos aos nosos clientes proxectos de calidade que conseguen obxectivos de divulgación e fidelizan públicos.

O equipo

Non podemos deixar de crear….

O equipo de Crearte composto por Merce Carballo, Luis Cousillas e Olga Romasanta, acumula unha longa e significativa experiencia no sector cultural. Móvenos a creatividade, o dinamismo e a profesionalidade. Ademais contamos cunha ampla rede de colaboradoras e colaboradores, profesionais de variadas disciplinas que aportan versatilidade e enriquecen os nosos proxectos.

LOGO

Confiaron en nós…