Arte-exploradores
Que historias agocha unha escultura antiga? Que sentimos cando miramos un cadro abstracto cheo de cores? A que soa unha pintura e como se pinta unha melodía? Todo isto e moito máis é o que descubriremos neste obradoiro, unha proposta que experimenta cunha nova metodoloxía de traballo aberta e dinámica: observamos e creamos con liberdade, esquecendo as comparacións ou as imitacións. Utilizaremos os cinco sentidos para explorar obras de todos os tempos, e deseñaremos un caderno de exploradores que nos servirá para seguir documentando os descubrimentos artísticos que emprendamos posteriormente.
Idades: de 6 a 12 anos e familias
Duración: 75 minutos aprox.
Máximo participantes: 30