Igualdade e xénero para docentes de Primaria e Secundaria

Formación na que se analizan os estereotipos de xénero presentes nos medios e a súa influencia no alumnado. Exploramos fragmentos de series e filmes, anuncios publicitarios, videoxogos e banda deseñada, empregamos dinámicas prácticas e debates sobre o papel da educación formal ante a imaxe de xénero difundida polos medios. Celebrado en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais da Coruña e o Centro de Formación e Recursos da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia en 2014. Máis en http://cimcoruna.blogspot.com.es/