Artistas galegas: de Maruxa Mallo ás artistas do s. XXI
Esqueceron os currículos escolares ás creadoras galegas? Neste obradoiro visibilizamos o traballo de grandes artistas como Maruxa Mallo, María Corredoyra ou as creadoras do presente, ao tempo que debatemos sobre o papel das mulleres na arte e na cultura. As súas obras e o noso diálogo inspirarannos para levar a cabo as nosas propias creacións plásticas.
Idade: de 12 a 18 anos
Duración: 75 minutos aprox.
Máximo de participantes: 30