Social

O museo e a cidade

Posted by

Visitas comentadas para turistas e poboación local que integran a arquitectura e a historia das cidades e as poñen en conexión coas coleccións museísticas. O Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración coa Oficina de Turismo da Xunta de Galicia, confiou a Crearte a execución destes itinerarios no verán do 2004.

Proxecto europeo Sigma 3C

Posted by

Crearte formou parte do proxecto europeo TOI (Transfer of Innovation), Sigma 3C: Cultura, Competitividad y Creatividad entre o 2008-2010 como socio investigador a través da realización dun estudio sobre os recursos culturais como factor de desenvolvemento económico e cohesión social dos territorios europeos centrado na cidade da Coruña. Máis info aquí.

Proxecto Terra

Posted by

Crearte colabora co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) realizando as visitas de Arquitectura e Cidade na Coruña do Proxecto Terra para escolares de Primaria e Secundaria. Estas visitas achegan aos escolares a arquitectura contemporánea a través da vivencia de espazos arquitectónicos en distintos puntos da cidade. Máis info http://proxectoterra.coag.es/

Visitas ao Castro de Elviña

Posted by

Crearte é responsable do programa de difusión deste poboado protohistórico pertencente á cultura castrexa localizado nas aforas da cidade da Coruña a través de visitas comentadas para todos os públicos e visitas escolares para todos os niveis educativos. Máis información e reservas aquí.