O Bosque móvese

Os sons do monte e dos seus habitantes: esquíos, mouchos, raposos,… abren a grande porta da expresión e o drama. Un pianista no teclado e unha actriz bailarina guían aos nenos e nenas que enchen de contido esta historia cos seus movementos e emocións. Un achegamento vivencial ás artes escénicas que ten como obxectivo educar para a comprensión da danza e da música, brindar aos nenos a posibilidade de experimentar co seu corpo os beneficios do movemento e atopar ferramentas de expresión emocional. Máis información en http://youtu.be/_w6w7Gdx6Qk. Idades: de 3 a 8 anos e familias Duración: 50 minutos Máximo participantes: 25