Social

Animalario fantástico

Posted by

Un obradoiro plástico-literario que parte dun percorrido pola narrativa infantil de historias de animais e remata coa creación dun animalario fantástico. Coñeceremos distintos animais e analizaremos a súa representación plástica, comprobando como tanto os reais coma os imaxinados son un tema recorrente dende a prehistoria até a actualidade. Xogaremos a inventar animais a partir de […]

Mitoloxía

Posted by

Un divertido percorrido polos mitos e lendas de gregos, romanos e viquingos a través de imaxes artísticas e textos literarios que tratan de explicar os misterios do mundo a través dun universo cheo de deuses, heroes e monstros fantásticos. Mitoloxía e historia nun lúdico obradoiro para entender o que hoxe somos partindo do pasado. Idades: […]

Travel with art

Posted by

Agárdanos a Francia dos impresionistas ou de Picasso, a América dos maxestosos tótems, o Ámsterdam do Museo Van Gogh, o o Exipto das pirámides. Atrévete a emprender connosco esta apaixonante viaxe polas máis diversas culturas e épocas da man da arte e o inglés. Idades: de 8 a 12 anos Duración: 75 minutos aprox. Máximo […]

Pop Art

Posted by

Banda deseñada, música, New York, fotografía, Londres, humor, crítica ao consumismo, cinema, … moitos atractivos ingredientes presentados a través de imaxes e música. A oportunidade perfecta para atreverse co inglés oral. Idades: de 12 a 18 anos Duración: 75 minutos aprox. Máximo de participantes: 30

Be smart and learn through art!

Posted by

As imaxes artísticas son unha ferramenta potentísima para a exploración visual e a expresividade emocional, verbal e física. Aproveitamos ese potencial para, empregando dinámicas CLIL (Content and Language Integrated Learning) e TPR (Total Physical Response), apoiar o uso e a comprensión da lingua inglesa. Podedes escoller entre a arte de Leonardo da Vinci, Velázquez, Van […]

A arte do teu tempo

Posted by

Abordar a arte contemporánea na aula pode parecer, ás veces, todo un reto. Neste obradoiro abordamos a arte máis actual cunha metodoloxía aberta e dinámica, conectando con temas de interese para os adolescentes e procurando unha nova maneira de aproximarse á arte, sen prexuízos e con moita creatividade, que nos invitará a realizar unha creación […]

Artistas galegas: de Maruxa Mallo ás artistas do s. XXI

Posted by

Esqueceron os currículos escolares ás creadoras galegas? Neste obradoiro visibilizamos o traballo de grandes artistas como Maruxa Mallo, María Corredoyra ou as creadoras do presente, ao tempo que debatemos sobre o papel das mulleres na arte e na cultura. As súas obras e o noso diálogo inspirarannos para levar a cabo as nosas propias creacións […]

Encuentros con artistas

Posted by

Imaxes proxectadas, lecturas e pequenas actividades conforman a dinámica destes obradoiros onde os nenos dialogan sobre as imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexións entre as artes visuais e outras materias como las matemáticas, a lingua e a historia. Cada encontro acaba cunha actividade plástica. Podedes escoller entre as múltiples facetas do xenial Leonardo […]

Arte-exploradores

Posted by

Que historias agocha unha escultura antiga? Que sentimos cando miramos un cadro abstracto cheo de cores? A que soa unha pintura e como se pinta unha melodía? Todo isto e moito máis é o que descubriremos neste obradoiro, unha proposta que experimenta cunha nova metodoloxía de traballo aberta e dinámica: observamos e creamos con liberdade, […]

Rosalía de Castro

Posted by

Rosalía sae dos libros para levarnos a un mundo cheo de palabras e poesía a través dos xogos de creación literaria. Unha actriz-educadora caracteriza á escritora e permite aos escolares coñecer á Rosalía que ri, que xoga e que canta a Galicia. Unha maneira diferente e moi estimulante de aproximarse ao temario de Lingua e […]

Page 1 of 2 1 2